Evitemos a pérdida do noso idioma, o galego.

viernes, 13 de marzo de 2015

A orde das cousas

       O luns 23 de febreiro fomos á biblioteca na hora de galego coa nosa profesora Áurea Penas e tivemos unha charla sobre a violencia de xénero, mediante a exposición dunha curta titulada "A orde das cousas" creada polos irmáns Esteban Alenda. 
Amanda Díaz Pena, a psicóloga que nos impartiu a charla, forma parte da asociación "Enriqueta Otero", formada por mulleres lucenses contra a violencia de xénero, que se chaman a sí mesmas, dende hai 5 anos, "Quetas". Entre elas hai mulleres vítimas da violencia de xénero e outras que simplemente defenden a causa.



     O vídeo móstranos a realidade da vida de Xulia mediante unha bañeira que se vai enchendo pouco a pouco significando así o peso que ela soporta todos os días da súa vida e a anclaxe que ten cara a súa casa xa que non pode saír dela. O seu marido, Marcos, tivo unha infancia marcada polos pasos do seu pai e o seu cinto, co que maltrataba a toda a familia. Por iso, Marcos tamén segue eses pasos na vida actual coa súa familia. Marquitos, o fillo, non quere seguir os pasos do seu pai e por iso non lle fai caso cando este lle pide que busque o cinto perdido pola casa, sabendo que o cinto estaba na bañeira coa súa nai.
Ao longo do vídeo atopamos símbolos como o xoguete de Marquitos de cando era pequeno, que era un avión vermello, o cal tiña as ás rotas, e o seu pai dixolle que o ía arranxar mais non o fixo, simbolizando así a infancia rota. Tamén atopamos outros símbolos como son o anel de Xulia, que representa a mentira por parte do seu marido, xa que el prometeu unha vida digna e non o que ela estaba a vivir. A porta do baño sempre estaba aberta, outro claro símbolo de vixiancia e acoso hacia Xulia. E por último cabe destacar que o seu estado físico non cambia en ningún momento do vídeo, xa que con iso quere mostrar que ao non ter vida non pode esperimentar cambios.


     Toda a familia de Marcos seguiu os pasos do seu pai, e por iso non atoparon nada estraño cando entran na casa de Marcos e Xulia e a atopan na bañeira espida con marcas de violencia, e incluso presionaban a Marcos para que lle pedise o cinto mediante gritos e bofetadas.

 
       Na segunda parte da obra atopamos a Xulia con marcas de violencia no seu rostro dentro da bañeira, negándose a devolverlle o cinto ao seu marido. Por iso, Marcos colle o cinto do fondo da tina e a súa muller non o solta, e a auga cae sobre a bañeira provocando un afundimento no cuarto de baño. Baixo a auga prodúcese a liberación de Xulia ao tirar o anel, mentres que Marcos fúndese co cinto na man, mostrando así a posición que tiña Xulia cando permitía que a maltratase, é dicir, afundida.

       Ao final, Xulia érguese no medio do mar, simbolizando así a liberdade que conseguira co aceno de desprenderse do anel que era o único que todavía unía á parella.
O vídeo remata coa imaxe da beira do mar chea de bañeiras ancladas, representando a superación do resto das mulleres que sofren ou sufriron este tipo de violencia.

A continuación podemos ver o enlace do vídeo:
A orde das cousas: https://www.youtube.com/watch?v=hfGsrMBsX1Q
E a ligazón da páxina da asociación de Enriqueta Otero: www.emuller.org

jueves, 19 de febrero de 2015

Presentación

Ola, somos alumnas de 1 de Bacharelato do instituto IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Somos Blanca, Estela, Judith e Nerea. Creamos este blog para falarvos do Galego, e expresarnos nesta lingua.